Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2020-65 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Tableros Hispanos, S.L.U.

Domicilio social: estrada LU-546, km 1. Nadela. Lugo.

Denominación: centro de seccionamento telemandado en edificio prefabricado en Tableros Hispanos para cesión a Viesgo Distribución.

Situación: concello de Lugo.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo con número de visado 10342020 no 23 de novembro de 2020.

Características técnicas principais:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe na actual arqueta de entroncamento aéreo-soterrada (empalme realizado por Begasa, expte. 2020-47-AT) e final nunha cela de liña no centro de seccionamento proxectado, cunha lonxitude de 75 metros en condutor tipo RHZ1-400 mm.

• Centro de seccionamento en edificio prefabricado de formigón tipo PFU-3 do fabricante Ormazábal, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de interruptor automático.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela de liña no centro de seccionamento proxectado e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio (expte: 2020-47-AT), cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 36.490,80 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para Begasa.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe ser realizada por un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguranza.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002, para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, achegando, no momento correspondente, a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 31 de marzo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo