Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/63-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución apoio A3M2DE63//66-11-B da LMTA MUR817.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: substitución do apoio A3M2DE63//66-11-B da LMTA MUR817 (tramo MUR8171446) por un apoio C-3000/18. Tendido de dous vans, con condutor LA-56, desde o apoio proxectado C-3000-18: un, de 130 metros, ata o apoio existente HV-1000/13, e outro, de 198 metros, ata o apoio existente HVH-2500/1.

A instalación está situada no lugar do Pobo, Tomeza, municipio de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
(http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 9 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Pontevedra; lugar: Outeiro da Mollarenga; titular: hros. de Hermindo Justo Pazos; afección: 1,98 m2 para o apoio 1 e 15,35 m2 de superficie de voo.

Predio 2. Municipio: Pontevedra; lugar: Lagoiña; referencia catastral: 36900A067004040000QT; titular: descoñecido; afección: 0,23 m2 para o apoio 1.