Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2020-71 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: soterramento da LAT no núcleo urbano de Cervo.

Situación: concello de Cervo.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20202984, do 11 de novembro de 2020.

Características técnicas:

• Liña soterrada de alta tensión Espiñeirido 1 a 20 kV, con orixe nunha arqueta existente da LAT Espiñeirido 1 (punto 6, plano nº 4 do presente proxecto), na cal se executa un empalme entre o condutor soterrado existente que provén da OCR Espiñeirido e o condutor proxectado, e final nun paso aéreo a soterrado no apoio 13 (A62227), cunha lonxitude de 450 metros en condutor RHZ1-150.

• Liña soterrada de alta tensión Espiñeirido 2 a 20 kV, con orixe na LAT Espiñeirido 2 (punto 1, plano nº 4 do presente proxecto) e final no CT G. Escolar (1529), cunha lonxitude de 70 metros en condutor recuperado en obra tipo RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV, con orixe no CT G. Escolar (1529) e final no CT Bidueira (1482), cunha lonxitude de 450 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV, con orixe no CT Bidueira (1482) e final no CT Vivendas Sociais Cervo (13614), cunha lonxitude de 440 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV, con orixe no CT Vivendas Sociais Cervo (13614) e final nunha arqueta (punto 5, plano nº 4 do presente proxecto), en que se realiza un empalme entre o condutor proxectado desde o CT Vivendas Sociais Cervo e o condutor existente con dirección OCR Espiñeirido, cunha lonxitude de 560 metros en condutor RHZ1-240.

• Adecuación do CT non prefabricado Vivendas Sociais Cervo (CD 13614), cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, realización de pontes CT-MT e CT-BT, instalación de novo cadro de BT e ampliación e desmontaxe de celas e cadros de BT existentes, relación de transformación 20.000/400-230 V.

- Finalidade da instalación: mellora da subministración.

- Orzamento: 90.805,48 €.

- Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Cervo.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Cultura.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento dos seguintes requisitos:

Primeiro. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra debe realizala técnico competente.

Segundo. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceiro. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao dereito.

Lugo, 20 de abril de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo