Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20888

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (MMC 219/2018).

N.I.G.: 36057 42 1 2011 0010747

MMC modificación de medidas suposto contencioso 219/2018A

Procedemento orixe: F01 faml. gard., custdo. ali. fil. menor non matri. cons. 952/2011

Sobre modificación medidas

Demandante: Gladys Marchan Cordova

Procuradora: Olga María Veiga Silva

Avogada: María Dolores Lago González

Demandado: Ricardo Aurelio Paredes Labraña

Eu, Alejandro Manuel Rova Fraga, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncio que no presente procedemento de modificación de medidas no suposto contencioso seguido por instancia de Gladys Marchan Cordova contra Ricardo Aurelio Paredes Labraña foi pronunciada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 336/2019.

María del Carmen Salvador Mateos, magistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 219/2018 sobre modificación de medidas, por instancia de Gladys Marchan Cordova, como demandante, representada pola procuradora dos tribunais Olga María Veiga Silva e baixo a asistencia letrada de María Dolores Lago González, contra Ricardo Aurelio Paredes Labraña, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, de conformidade cos seguintes:

Decido.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Veiga Silva, en nome e representación de Gladys Marchan Cordova, contra Ricardo Aurelio Paredes Labraña, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo a dita demanda e atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade do menor Abran Manuel Paredes Marchán á súa proxenitora, a Sra. Marchán Cordova.

As custas impóñense á parte demandada.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde conste a inscrición de nacemento do menor para os efectos oportunos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

E atopándose o devandito demandado, Ricardo Aurelio Paredes Labraña, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 31 de marzo de 2021

El letrado da Administración de xustiza