Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20887

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 63/2020).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento XVB 63/2020, seguido por instancia da comunidade de propietarios da rúa Rosalía de Castro, 72, O Milladoiro (Ames), fronte a Verónica Dovale Bruzos, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Estimo integramente a acción exercida pola comunidade de propietarios da rúa Rosalía de Castro nº 72 do Milladoiro (Ames) contra Verónica Dovale Bruzos e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 592,85 euros, incrementada cos xuros legais devindicados sobre a dita suma desde a data de interposición da demanda ata o seu completo pagamento e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza.

Con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partese fágaselles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de apelación segundo o indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais, por razón da contía, cando esta non supere os tres mil euros.

E ao estar a dita demandada, Verónica Dovale Bruzos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza