Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20885

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 39/2021).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 39/2021 desta sección, seguido por instancia de Sonia Sampayo Rodríguez contra a empresa Colegio Junior’s, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Aceptando o recurso de suplicación articulado por Sonia Sampayo Rodríguez contra o Auto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 10.3.2020, que resolveu recurso de revisión contra o Decreto do 19.2.2020 do propio xulgado, ditado en execución de títulos xudiciais 89/2019, dimanante dos autos sobre despedimento nº 779/2018, instados por Sonia Sampayo Rodríguez fronte ao Colegio Junior’s, S.L. e o Fogasa, revogamos a resolución contra a que se recorre, anulamos o auto citado e acordamos a devolución das actuacións ao xulgado de referencia para que continúe coa execución nos termos que procedan conforme a lei, pero sen que poidan considerarse inembargables os bens mobles da executada en atención ao establecido na fundamentación xurídica desta resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguido dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase a certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

E para que sirva de notificación en forma legal ao Colegio Junior’s, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza