Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20890

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (PO 316/2018).

Eu, Encarnación Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, fago saber que no presente procedemento ordinario 316/2018, seguido por instancia de Santander Consumer EFC, S.A. fronte a Manuel Ángel Fernández Sánchez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 30 de setembro de 2020.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario con número 316/2020, seguidos por instancia de Santander Consumer EFC, S.A., representado pola procuradora Sra. Villalba López e asistido do letrado Sr. Durán Rodríguez-Hervada, contra Manuel Ángel Fernández Sánchez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada pola representación procesual de Santander Consumer Finance EFC, S.A. contra Manuel Ángel Fernández Sánchez e, en consecuencia, declaro usurario o contrato de préstamo do 28 de xullo de 2014 en que este último figura como obrigado, e condeno a Manuel Ángel Fernández Sánchez a aboar á parte demandante a cantidade debida en concepto de principal, con exclusión dos xuros fixados no contrato, cantidade que se determinará en execución de sentenza de acordo co establecido no fundamento de dereito terceiro, e que se incrementará nos xuros legais que devindique desde a data de interpelación xudicial.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese a presente ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación para que resolva a Audiencia Provincial da Coruña. Para iso será necesario que ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida, asinada e publicada, no mesmo día da súa data, pola maxistrada xuíza que a ditou, en audiencia pública na miña presenza, a letrada da Administración de xustiza. Dou fe, en Betanzos, 30 de setembro de 2020».

E ao estar o devandito demandado, Manuel Ángel Fernández Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza