Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20805

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2021, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia número 16, do 26 de xaneiro de 2021, publícase a Orde da Consellería de Política Social do 11 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS700A).

A orde recolle que as subvencións se destinarán á consecución das seguintes finalidades:

Programa I: a consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Programa II: destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

Do importe de financiamento sinalado no código de proxecto 2016 00172, 1.427.500 € están cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 12 de Orde do 11 de xaneiro de 2021, e no artigo 13 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o artigo 18 da Orde do 11 de xaneiro de 2021, e revisadas as solicitudes e as emendas feitas, comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria foron remitidas á comisión de valoración, órgano creado no artigo 19 da citada orde.

O órgano instrutor, á vista do informe realizado pola comisión de valoración, formulou as propostas de resolución que, como establece o artigo 19, elevou ao órgano competente que emite a correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da dita Orde do 11 de xaneiro de 2021, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 15 de abril de 2021, ditada no procedemento BS700A de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a dita Resolución do 15 de abril de 2021 finaliza o procedemento, pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Fernando González Abeijón
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 15 de abril de 2021 que finaliza o procedemento concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá

Convocatoria: Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Antecedentes:

1. A Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Promoción da Dependencia, unha vez consultada a base de datos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, comprobou que as entidades solicitantes cumprían cos requisitos, establecidos na orde de convocatoria, de estar inscritas no devandito rexistro, así como o resto dos requisitos específicos establecidos no artigo 7.

2. No suposto de solicitudes individuais, contan cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación a data do 1 de xaneiro de 2020, fonte do Instituto Galego de Estatística.

3. A comisión de valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións ás que se refire a Orde do 11 de xaneiro de 2021 realizou a valoración de todas as solicitudes presentadas por cumprir cos requisitos previos exixidos e emitiu o seu informe.

Determina que, en atención ao financiamento previsto no artigo 3 da Orde do 11 de xaneiro de 2021 (Programa I: 2.692.746,00 € e Programa II: 376.591,00 €) e tendo en conta o sinalado no artigo 3.3 sobre a posibilidade de reaxustar o crédito entre ambos os programas no caso de resultar remanente neles e o sinalado no artigo 4.1.b) sobre os importes máximos segundo o tipo de xestión, que se teñen en conta para determinar o importe máximo subvencionable en cada caso, todos os expedientes son susceptibles de proposta de resolución con cargo a cada programa.

4. O órgano instrutor, á vista do informe realizado pola comisión do procedemento e de acordo coa documentación que consta no seu poder, elevou ao órgano competente para resolver a proposta de resolución para o programa I e II que de seguido se relaciona. Informou que todas as solicitudes presentadas cumpren cos requisitos necesarios para acceder as axudas da presente convocatoria, resulta acreditado que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa da Facenda da Xunta de Galicia e que, así mesmo, se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

Por todo o anterior, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312E.460.1 (códigos de proxecto 2016 00172 e 2020 00082) as subvencións que se sinalan no anexo I (programa I) e no anexo II (programa II) ás entidades que se relacionan, para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, condicionadas ao cumprimento das obrigas das entidades beneficiarias establecidas nos artigos 11 e 28 da Orde do 11 de xaneiro e, en todo caso, as establecidas no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Das contías correspondentes, 1.427.500,00 € están cofinanciados nunha porcentaxe 80 % con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9: promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.4: o acceso a servizos acadables, sustentables e de calidade, incluídos os servizos sanitarios e sociais de interese xeral, obxectivo específico 9.4.1: mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación de estereotipos. Na Liña de actuación 118. Implementación da Rede galega de atención temperá.

Terceiro. As accións correspondentes a estes proxectos xustificaranse, segundo o tipo de gasto ben a través das modalidades de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018, «as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67, 68, 68.bis e 68.ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013» ou no caso de xestión indirecta, mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada deberá figurar documentalmente a vinculación coa prestación da actividade subvencionada, tempo de dedicación, horarios e retribucións. En todo caso, nas facturas emitidas pola entidade prestadora deberán figurar as horas de dedicación de cada integrante do equipo de traballo.

Cuarto. En todo caso, as accións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro, no Regulamento (UE) nº 1304/2013, do 17 de decembro, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

Quinto. A aceptación da subvención implica a súa inclusión na lista pública de operación prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro.

Sexto. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención, as entidades beneficiarias poderán comunicar no prazo de 10 días hábiles a súa aceptación, comprometéndose a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na Orde do 11 de xaneiro de 2021. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Realizarase un primeiro pagamento do 50 % da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 50 % restante ou a parte que corresponda librarase logo da xustificación pola entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.

Oitavo. A xustificación comprenderá o período máximo subvencionable que abranguerá desde o 1 de novembro de 2020 e ata o 31 de outubro de 2021, coa data límite do 15 de novembro de 2021.

Noveno. A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Anexo IV. Solicitude de pagamento e declaración. Asinada polo/a representante da entidade ou da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º. Ademais dos datos identificativos faranse constar as declaracións sobre o cumprimento da finalidade e da normativa, sobre a solicitude ou non doutras subvencións actualizada e sobre a inexistencia da causa que implique prohibición para ser beneficiario. Así mesmo, a relación da documentación complementaria que se xunta.

b) Anexo V. Certificación sobre condicións da execución. Asinada polo/a secretario/a da entidade ou o/a representante da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, en que figure:

1º. Declaración sobre cumprimento da normativa aplicable en materia de publicidade ás axudas financiadas a través de fondos da Unión Europea, así como en materia de subvencións e, se é o caso, en materia de contratación pública e demais normativa aplicable.

2º. Indicación do prazo de execución e do número de horas totais de traballo dedicadas segundo grupos profesionais, suma das cifras correspondentes a todos/as os/as integrantes do equipo.

3º. Datos de cada un dos integrantes do equipo: datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo calculadas segundo o disposto no artigo 10.3.

No caso de xestión indirecta, estes datos deberán corresponderse cos indicados nas facturas da entidade prestadora das que se achegará unha copia xunto co xustificante bancario do seu pagamento.

4º. Réxime da prestación en función do horario semanal.

5º. Número de usuarios/as atendidos/as desagregado por sexo, así como totais.

Os datos reflectidos na certificación deberán coincidir cos recollidos na aplicación informática referida no artigo 11.

c) Anexo VI. Folla mensual de horas traballadas. Asinadas pola persoa traballadora, así como, no caso de xestión directa, polo/a secretario/a ou persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º e no de indirecta, pola persoa responsable da entidade prestadora. Achegarase unha por cada traballador/a e mes de desempeño en que figuren as horas diarias efectivamente traballadas dedicadas ao servizo, así como os totais. Deberá cubrirse en función do establecido no artigo 10.3. A suma das horas consignadas en todas as fichas debe ser equivalente ás contías consignadas no anexo V.

d) Documentación xustificativa da publicidade da actuación segundo o establecido nos artigos 11.c) e 28: fotografías do lugar ou lugares no/nos que se levou a cabo a prestación nas que se aprecie a situación do cartel ou carteis informativo/s, con indicación da data de colocación, documentos relativos á publicidade na páxina web; por exemplo, capturas de pantalla e na documentación escrita: copia dun exemplar de cada tipo utilizado.

e) Se é o caso, para o suposto de xestión indirecta, copia das facturas referidas no punto b), 3º.

Os datos que se consignen nos respectivos anexos e documentos sinalados nas anteriores letras a), b), c), d) e e) serán unicamente os da prestación do servizo que se desenvolva durante o período reflectido na resolución de concesión da subvención.

Décimo. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido levará consigo a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o disposto nela e no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No caso de que a xustificación fose incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

Décimo primeiro. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do gasto que consideren convenientes.

Décimo segundo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas na orde de convocatoria e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Destinar os fondos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) Manter un sistema de contabilidade separado do ingreso da axuda percibida ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

c) Conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes ou usuarias durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas ante a Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos. En todo caso, durante a execución da actuación respectarase o reflectido no artigo 11.c), sen prexuízo de que os carteis deberán permanecer colocados e na páxina web coa correspondente información, cando menos, ata a data en que remata o prazo final de xustificación da subvención establecido no artigo 26.

e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), así como dos obxectivos dos fondos.

f) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultado previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013. Para estes efectos, seranlle facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

Así pois, as entidades beneficiarias consignarán na aplicación informática prevista no artigo 11 os datos referentes aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato e a longo prazo relativos aos/ás usuarios/as, que serán os que a unidade tramitadora do procedemento incorporará, pola súa vez, na aplicación informática Participa 1420:

1º. Os de produtividade referiranse á situación á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa operación subvencionada.

2º. Os de resultado inmediato á situación do participante no período que abranga entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

3º. Os de resultado a longo prazo: situación aos seis meses de finalización da vinculación do participante coa operación subvencionada.

g) Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal. Os relativos ás persoas usuarias ou participantes na actuación subvencionada incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos a que se refire o artigo 28 desta orde. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos, sendo a entidade beneficiaria da axuda a que deberá recadar e custodiar esta documentación.

h) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

i) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control incluíndo as visitas sobre o terreo.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

k) Así mesmo, cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

Décimo terceiro. A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que proceda en dereito. O recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 21 e disposición adicional terceira da Orde do 11.1.2021; DOG núm. 16, do 26 de xaneiro). Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Anexo I

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.a)

Programa I. Consolidación dos servizos de atención temperá

A. Período de desempeño da actividade e número de horas máximo subvencionadas:

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Titulación

Grupo prof.

Período de desempeño

Horas solicitadas

Máximo horas subvencionadas

01-2021.BS700A.AT

P3200025I

Mancomunidade de concellos da comarca de Verín

Pedagoga Psicomotricista

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.860,00

1.720,00

Pedagoga T. da Linguaxe

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.860,00

1.720,00

Psicóloga especialista en Des. Infantil

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.860,00

1.720,00

02-2021.BS700A.AT

P2700300C

Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Pedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicopedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

03-2021.BS700A.AT

P3600800A

Concello de Cangas

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.852,50

1.720,00

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.852,50

1.720,00

Pedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.852,50

1.720,00

04-2021.BS700A.AT

P2705000D

Agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

05-2021.BS700A.AT

P1505800A

Agrupación dos concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Pedagoga I

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.736,00

1.720,00

Pedagoga II

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.736,00

1.720,00

Pedagoga III

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.736,00

1.720,00

Psicóloga especialista en A.T.

I

1.11.2020 a

31.10.2021

350,00

350,00

06-2021.BS700A.AT

P3601700B

Concello da Estrada

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

602,00

602,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

566,00

566,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2020 a

31.10.2021

566,00

566,00

07-2021.BS700A.AT

P1500003G

Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes

Logopeda I

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.729,00

1.720,00

Logopeda II

II

1.11.2020 a

31.10.2021

7,00

7,00

Logopeda III

II

27.11.2020 a

31.10.2021

1.603,00

1.576,67

Logopeda IV

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.193,50

1.193,50

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.729,00

1.720,00

Psicopedagoga I

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.729,00

1.720,00

Psicopedagoga II

I

1.11.2020 a

24.11.2020

112,00

112,00

08-2021.BS700A.AT

P1503400B

Agrupación dos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

09-2021.BS700A.AT

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.420,00

1.420,00

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.420,00

1.420,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.420,00

1.420,00

10-2021.BS700A.AT

P3200022F

Agrupación das mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro

Logopeda

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.851,50

1.720,00

Psicóloga especialista en A.T

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.852,50

1.720,00

Psicóloga-Psicomotricista

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.856,50

1.720,00

12-2021.BS700A.AT

P2703900G

Agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

Logopeda I

II

1.11.2020 a

4.2.2021

274,00

274,00

Logopeda II

II

9.2.2021 a

31.10.2021

720,00

720,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.000,00

1.000,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2020 a

31.10.2021

992,00

992,00

13-2021.BS700A.AT

P1500100A

Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

Logopeda I

II

1.11.2020 a

31.12.2020

208,00

208,00

Logopeda II

II

1.1.2021 a

31.10.2021

1.512,00

1.433,33

Mestre Ed. Especial e Estimulador

II

1.11.2020 a

31.10.2021

620,00

620,00

Psicólogo e Psicopedagogo

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.240,00

1.240,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.1.2021 a

31.10.2021

620,00

620,00

14-2021.BS700A.AT

P3603300I

Concello de Mos

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

15-2021.BS700A.AT

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

705,00

705,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

705,00

705,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2020 a

31.10.2021

705,00

705,00

16-2021.BS700A.AT

P1507800I

Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

960,00

960,00

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

960,00

960,00

Terapeuta Ocupacional I

II

3.3.2021 a

31.10.2021

840,00

840,00

Terapeuta Ocupacional II

II

1.11.2020 a

28.2.2021

420,00

420,00

18-2021.BS700A.AT

P1508300I

Concello de Teo

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.040,00

1.040,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.040,00

1.040,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.040,00

1.040,00

19-2021.BS700A.AT

P1500002I

Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.739,00

1.720,00

Psicóloga I

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.739,00

1.720,00

Psicóloga II

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.739,00

1.720,00

20-2021.BS700A.AT

P2706800F

Agrupación dos concellos de Burela e Viveiro

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.570,00

1.570,00

Pedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

21-2020.BS700A.AT

P3601500F

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

860,00

860,00

Logopeda

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicopedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

23-2021.BS700A.AT

P1506800J

Agrupación dos concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

Logopeda I

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.570,00

1.570,00

Logopeda II

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.400,00

1.400,00

Logopeda III

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.700,00

1.700,00

Pedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.680,00

1.680,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.560,00

1.560,00

24-2021.BS700A.AT

P2703000F

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

Educadora Social

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Fisioterapeuta

II

1.2.2021 a

31.10.2021

640,00

640,00

Logopeda I

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

logopeda II

II

1.7.2021 a

31.10.2021

560,00

560,00

Psicopedagoga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

25-2021.BS700A.AT

P3604900E

Agrupación dos concellos de Salceda de Caselas e As Neves

Fisioterapeuta

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Logopeda I

II

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Logopeda II

II

1.11.2020 a

31.10.2021

860,00

860,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

32-2021.BS700A.AT

P3208700I

Agrupación dos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Riós, A Gudiña, A Mezquita e Manzaneda

Educadora Social

II

1.6.2021 a

31.10.2021

580,00

580,00

Logopeda

II

1.6.2021 a

31.10.2021

580,00

580,00

Psicólogo

I

1.6.2021 a

31.10.2021

580,00

580,00

36-2021.BS700A.AT

P2702000G

Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

Enfermeira

I

1.11.2020 a

31.10.2021

932,00

932,00

Logopeda

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.720,00

1.720,00

Terapeuta Ocupacional

I

1.11.2020 a

31.10.2021

1.577,00

1.577,00

B. Puntuación obtida e importes máximos accións subvencionadas:

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Puntuación (artigo 20)

Importe máx. axuda

21-2020.BS700A.AT

P3601500F

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

69

86.194,58 €

07-2021.BS700A.AT

P1500003G

Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes

65

147.600,00 €

08-2021.BS700A.AT

P1503400B

Agrupación dos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

65

102.632,40 €

19-2021.BS700A.AT

P1500002I

Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol

65

106.637,85 €

24-2021.BS700A.AT

P2703000F

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

60

125.568,90 €

09-2021.BS700A.AT

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

57

84.731,41 €

01-2021.BS700A.AT

P3200025I

Mancomunidade de concellos da comarca de Verín

56

110.643,30 €

05-2021.BS700A.AT

P1505800A

Agrupación dos concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

56

118.148,18 €

23-2021.BS700A.AT

P1506800J

Agrupación dos concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

54

147.600,00 €

32-2021.BS700A.AT

P3208700I

Agrupación dos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Riós, A Gudiña, A Mezquita e Manzaneda

54

34.608,61 €

20-2021.BS700A.AT

P2706800F

Agrupación dos concellos de Burela e Viveiro

51

103.770,79 €

10-2021.BS700A.AT

P3200022F

Agrupación das mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro

50

110.643,30 €

13-2021.BS700A.AT

P1500100A

Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

47

81.661,73 €

25-2021.BS700A.AT

P3604900E

Agrupación dos concellos de Salceda de Caselas e As Neves

46

119.070,23 €

36-2021.BS700A.AT

P2702000G

Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

46

127.561,43 €

02-2021.BS700A.AT

P2700300C

Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

43

106.637,85 €

04-2021.BS700A.AT

P2705000D

Agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil

43

102.632,40 €

16-2021.BS700A.AT

P1507800I

Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

43

60.781,73 €

12-2021.BS700A.AT

P2703900G

Agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

40

59.402,41 €

03-2021.BS700A.AT

P3600800A

Concello de Cangas

12

102.632,40 €

06-2021.BS700A.AT

P3601700B

Concello da Estrada

12

34.461,32 €

14-2021.BS700A.AT

P3603300I

Concello de Mos

11

102.632,40 €

15-2021.BS700A.AT

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

11

42.067,34 €

18-2021.BS700A.AT

P1508300I

Concello de Teo

8

62.056,80 €

Total

2.280.377,36 €

Anexo II

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.b)

Programa II. Servizos de atención temperá existentes non subvencionados e implantación de novas unidades

A. Período de desempeño da actividade e número de horas máximo subvencionadas:

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Titulación

Grupo prof.

Período de desempeño

Horas solicitadas

Máximo horas subvencionadas

11-2021.BS700A.AT

P1507600C

Concello de Sada

Logopeda

II

1.9.2021 a

31.10.2021

340,00

286,67

Mestre Educación Especial

II

1.9.2021 a 31.10.2021

248,00

248,00

Psicopedagogo

I

1.9.2021 a

31.10.2021

248,00

248,00

17-2021.BS700A.AT

P1504200E

Concello da Laracha

Logopeda

II

1.5.2021 a

31.10.2021

528,00

528,00

Maxisterio

II

1.5.2021 a

31.10.2021

528,00

528,00

Psicopedagoga

I

1.5.2021 a

31.10.2021

860,00

860,00

22-2021.BS700A.AT

P2702800J

Concello de Lugo

Logopeda

I

1.10.2021 a

31.10.2021

105,50

105,50

Psicóloga

I

1.10.2021 a

31.10.2021

105,50

105,50

Terapeuta Ocupacional

II

1.10.2021 a

31.10.2021

80,00

80,00

26-2021.BS700A.AT

P3603500D

Concello de Nigrán

Fisioterapeuta

II

1.7.2021 a

31.10.2021

286,66

286,66

Logopeda

II

1.7.2021 a

31.10.2021

573,32

573,32

Psicóloga

I

1.7.2021 a

31.10.2021

573,32

573,32

27-2021.BS700A.AT

P3600100F

Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

Fisioterapeuta

II

1.6.2021 a

31.10.2021

716,60

716,60

Logopeda

II

1.6.2021 a

31.10.2021

716,60

716,60

Psicopedagoga

I

1.6.2021 a

31.10.2021

716,60

716,60

28-2021.BS700A.AT

P1506600D

Agrupación dos concellos de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga

Contratación futura I

I

1.4.2021 a

31.10.2021

1.252,50

1.003,33

Contratación futura II

II

1.4.2021 a

31.10.2021

1.252,50

1.003,33

Contratación futura III

II

1.4.2021 a

31.10.2021

1.252,50

1.003,33

29-2021.BS700A.AT

P2705700I

Agrupación dos concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

Logopeda

II

1.5.2021 a

31.10.2021

480,00

480,00

Maestro Psicomotricista

II

1.5.2021 a

31.10.2021

600,00

600,00

Psicologo

I

1.5.2021 a

31.10.2021

840,00

840,00

Psicopedagogo

I

1.5.2021 a

31.10.2021

600,00

600,00

30-2021.BS700A.AT

P1503200F

Agrupación dos concellos de Curtis, Sobrado e Aranga

Logopeda

II

1.5.2021 a

31.10.2021

405,00

405,00

Psicóloga

I

1.5.2021 a

31.10.2021

416,00

416,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.5.2021 a

31.10.2021

460,00

460,00

31-2021.BS700A.AT

P1505700C

Agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra

Contratación futura I

I

1.4.2021 a

31.10.2021

1.001,00

1.001,00

Piscopedagog Maestra Infantil

I

1.3.2021 a

31.10.2021

1.144,00

1.144,00

Psicopedagoga Educadora Social

I

1.3.2021 a

31.10.2021

1.144,00

1.144,00

33-2021.BS700A.AT

P2702200C

Agrupación dos concellos de Guitiriz, Xermade e Vilalba

Fisioterapeuta

I

1.6.2021 a

31.10.2021

198,00

198,00

Logopeda

I

1.6.2021 a

31.10.2021

880,00

716,67

Terapeuta Ocupacional

I

1.6.2021 a

31.10.2021

682,00

682,00

34-2021.BS700A.AT

P1501700G

Concello de Cambre

Logopeda

II

1.4.2021 a

31.10.2021

720,00

720,00

Psicóloga

I

1.4.2021 a

31.10.2021

720,00

720,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.4.2021 a

31.10.2021

720,00

720,00

35-2021.BS700A.AT

P3602100D

Concello de Gondomar

Educadora Social

II

1.4.2021 a

31.10.2021

60,24

60,24

Psicóloga

I

1.11.2020 a

31.10.2021

982,00

982,00

Traballadora Social

II

1.4.2021 a

31.10.2021

60,24

60,24

B. Puntuación obtida e importes máximos accións subvencionadas:

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Puntuación (artigo 20)

Suma-importe máx. axuda

29-2021.BS700A.AT

P2705700I

Agrupación dos concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

60

51.520,05 €

28-2021.BS700A.AT

P1506600D

Agrupación dos concellos de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga.

56

59.868,70 €

27-2021.BS700A.AT

P3600100F

Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

49

42.759,52 €

30-2021.BS700A.AT

P1503200F

Agrupación dos concellos de Curtis, Sobrado e Aranga

49

25.453,48 €

33-2021.BS700A.AT

P2702200C

Agrupación dos concellos de Guitiriz, Xermade e Vilalba

48

34.236,61 €

31-2021.BS700A.AT

P1505700C

Agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra

37

70.524,38 €

22-2021.BS700A.AT

P2702800J

Concello de Lugo

16

6.053,46 €

34-2021.BS700A.AT

P1501700G

Concello de Cambre

12

42.962,40 €

26-2021.BS700A.AT

P3603500D

Concello de Nigrán

9

28.730,86 €

11-2021.BS700A.AT

P1507600C

Concello de Sada

8

15.537,29 €

17-2021.BS700A.AT

P1504200E

Concello da Laracha

5

38.624,67 €

35-2021.BS700A.AT

P3602100D

Concello de Gondomar

0

23.359,36 €

Total

439.630,78 €