Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19819

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (142/2020).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, xuízo verbal 142/2020, e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle a Avos Garfa Inversiones, S.L. a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 18 de febreiro de 2021.

Vistos por min, Flora Lomo del Olmo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal seguido co número142/2020 por instancia da comunidade de propietarios de Apartamentos Panxón, representada pola procuradora María Santiago Arbones e asistido polo letrado José Manuel Fernández Arévalo, contra a mercantil Avos Garfa Inversiones, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Que, estimando a demanda promovida pola procuradora María Santiago Arbones en nome e representación da comunidade de propietarios de Apartamentos Panxón fronte á mercantil Avos Garfa Inversiones, S.L., debo condenar e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 4.265,05 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES5500493569920005001274 (concepto 3640 0000 13 0142 20), un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Avos Garfa Inversiones, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 18 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza