Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19821

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (DCT 392/2019).

Eu, José Antonio Pascual Calderón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, anuncio:

No presente procedemento DCT 392/2019, seguido por instancia de José Luis de Paz Gravina fronte a Natalia Zubenko Khristyuk, ditouse Sentenza do 25 de xaneiro de 2021 e, atopándose Natalia Zubenko Khristyuk en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación, facéndolle saber que poderá ter coñecemento neste xulgado do contido íntegro da sentenza contra a cal cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación do edicto, ante este xulgado, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Tui, 9 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza