Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 232/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 232/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Asador Vaca Vella, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«A Coruña, 5 de marzo de 2021

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, tras ver o presente procedemento ordinario 232/2019 por instancia de Jesús Daniel García Flores, que comparece representado polo letrado Jesús Manuel Puñal Souto contra Asador Vaca Vella, S.L., con intervención do Fogasa, que non comparecen malia constaren citados en legal forma, en nome do rei, pronunciou a seguinte

Sentenza:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Daniel García Flores fronte a Asador Vaca Vella, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe o demandante a cantidade de 5.866,87 euros, que se incrementará cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais.

Impóñense á empresa demandada as custas procesuais, incluído o aboamento dos honorarios do letrado ou graduado social, co límite de 600 euros.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banco Santander a nome desta oficina xudicial co número 1532/0000/--/----/--, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código 34 “social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asador Vaca Vella, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza