Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 139/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 139/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Pinturas Cambre, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte a Pinturas Cambre, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 309,14 euros en concepto de principal e xuros por demora.

Impóñense á parte demandada as custas do proceso, que incluirán honorarios de letrado ata o límite de 600 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pinturas Cambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza