Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 111/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Pereira Morais contra Dúrcal Ocio y Comercio, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Dúrcal Ocio y Comercio, S.L. en situación de insolvencia parcial por importe de 23.803,85 euros en concepto de principal (3.403,85 euros en concepto de indemnización e 20.400 euros en concepto de salarios de tramitación), máis 2.384,08 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Reiterarlle o requirimento acordado por dilixencia de ordenación do 22.2.2021 á parte executante, Álvaro Pereira Morais, para que no prazo de tres días achegue o número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir a cantidade de 36,95 euros á conta do principal.

c) Arquivar as actuacións previa anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

d) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Dúrcal Ocio y Comercio, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza