Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19430

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 348/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 348/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Ces Vieito, Irene Munín Munín e María Pérez Martínez contra a empresa Colegio Junior’s, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Acordo: dar por desistidas as partes demandantes da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos definitivos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e debe sinalar no campo do concepto a indicación “recurso” seguida do “código 31 social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 social-revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/ aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal ao Colegio Junior’s, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza