Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 91/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 91/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yefferson Berroteran Aliendo contra Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións das cales os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolucións:

– Decreto do 16.2.2021 contra o cal cabe interpor recurso de reposición no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

– Decreto do 18.3.2021 contra o cal cabe interpor recurso de reposición no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

– Citación do 18.3.2021 na cal consta o lugar, o día e a hora en que debe comparecer.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. E para que sirva de notificación en forma legal a Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza