Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17988

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (743/2019).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, fago saber que no procedemento ordinario número 743/2019 se ditou sentenza o 8.1.2021 e auto o 10.2.2021, do teor literal seguinte:

Sentenza. Vigo o oito de xaneiro de dous mil vinte e un.

Vistos por min, Flora Lomo del Olmo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos por instancia de Mercedes Paz Gómez e José Manuel Fernández Saa, representados polo procurador Emilio José Álvarez Pazos e baixo a dirección letrada de Beatriz Gallego Calderón, fronte a Ricardo Pardo Fernández, representado polo procurador Ricardo Estévez Cernadas e baixo a asistencia letrada de Roberto González López, e contra María Luz Vázquez Arias, en situación procesual de rebeldía, e

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Emilio José Álvarez Pazos, en nome e representación de Mercedes Paz Gómez e José Manuel Fernández Saa, fronte a María Luz Vázquez Arias e Ricardo Pardo Fernández, se condena a primeira a permitir o acceso á vivenda obxecto do contrato de litis durante o tempo necesario para realizar as operacións precisas co fin de emendar as humidades que afectan o piso cuarto, así como para determinar a causa das humidades do piso quinto e proceder á súa reparación, con imposición das custas causadas. Absólvese o Sr. Fernández Saa da devandita pretensión, con imposición das custas á parte demandante.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberto no Banco Santander co número ES5500493569920005001274, concepto número 3640 0000 04 0743 19, seguido a continuación, e separado por un espazo, da indicación «recurso civil»; salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza.

A continuación, o Auto do 10.2.2201, cuxa parte dispositiva é:

Acordo rectificar a sentenza ditada o 8 de xaneiro de 2021 neste procedemento ordinario 743/2019 no sentido de que onde di: «Absólvese o Sr. Fernánez Saa da devandita pretensión...», debe dicir: «Absólvese o Sr. Pardo Fernández da devandita pretensión...», manténdose os demais pronunciamentos contidos na devandita resolución.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución, que aclara/rectifica.

Así o manda e acorda a súa señoría, dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación a María Luz Vázquez Arias, expido o presente edicto.

Vigo, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza