Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17987

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (117/2020).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, anuncio que no procedemento de xuízo verbal precario 117/2020, seguido por instancia de Coral Homes, S.L.U., fronte aos ignorados ocupantes do terreo sito na Area, Peitieiros nº 33, Gondomar, se ditou sentenza o 20 de xaneiro de 2021, cuxo orixinal consta neste xulgado para coñecemento da parte demandada.

A dita sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse no prazo de 20 días contado desde a notificación da sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma aos ignorados ocupantes do terreo sito na Area, nº 33, Peitieiros Gondomar, expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza