Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (458/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 458/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Cid Liñares contra o Ministerio Fiscal, Suministros Alsera, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse resolución de data en cuxa resolución consta:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Javier Cid Linares fronte á empresa Suministros Alsera, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia,

– Declárase improcedente o despedimento de Javier Cid Linares realizado pola empresa Suministros Alsera, S.L.

– Condénase a empresa Suministros Alsera, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.400,15 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 51,34 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Suministros Alsera, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza