Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17291

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (25/2020).

No presente procedemento, seguido por instancia de José Luis Costa Varela contra Francieli Paula Soares, foi pronunciada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo de divorcio-contencioso nº 25/2020

Xulgado de Primeira Instancia número 6

Santiago de Compostela

Sentenza nº 389/2020

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020

Vistos polo min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio nº 25/2020, promovido polo procurador Sr. Pérez Goris en nome e representación de José Luis Costa Varela, asistido da letrada Sra. Teijo Figueiras contra Francieli Paula Soares, maior de idade mencionada en autos, declarada en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Pérez Goris en nome e representación de José Luis Costa Varela, asistido da letrada Sra. Teijo Figueiras contra Francieli Paula Soares, maior de idade, mencionada en autos, declarada en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído polos litigantes no 17.7.2017 en Ames, inscrito no tomo 30 páxina 89 sección 2ª do citado Rexistro Civil.

Firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, eu, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a pronunciou, no día da data; dou fe».

E encontrándose a devandita demandada, Francieli Paula Soares, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que le sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza