Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por este edicto anuncio:
Neste xuízo ordinario 679/2019, seguido por instancia de Comunidade de Propietarios Cernadelo número 11, ditouse a Sentenza do 2 de febreiro de 2021 que non puido ser notificada á parte demandada, Mariano García Santalla e María Begoña Pouse Varela, por estar en paradoiro descoñecido.
A dita resolución procesual está na oficina xudicial deste órgano onde os demandados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
Expido este edicto para a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma en cumprimento do artigo 497 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021
O letrado da Administración de xustiza