Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17283

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (DFU 32/2020).

DFU Dereitos fundamentais 32/2020

Demandante: Manuel Martín Noceda Fernández, Comisións Obreiras (CC.OO.)

Avogado: María Catalfamo, Felipe Carlos Martínez Ramonde

Demandados: Arriva Galicia, S.L., Primitivo García Mariñas, Comité Provincial Empresa da Coruña de Arriva Galicia, S.L. e Outros

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento dereitos fundamentais 32/2020-RCO9/21-S deste tribunal, seguido por instancia de Manuel Martín Noceda Fernández, Comisións Obreiras (CC.OO.) contra Arriva Galicia, S.L., Comité Provincial Empresa da Coruña de Arriva Galicia, S.L., Segundo Corredoira Milleiros ou outros, sobre dereitos fundamentais, se ditaron as dilixencias de ordenación que son do seguinte particular:

«Dilixencia de ordenación letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña, catro de febreiro de dous mil vinte e un.

O anterior escrito presentado polo letrado Héctor López de Castro Ruiz na representación que ten, únase aos autos da súa razón, e a copia á contraparte/s. Tense por formalizado o recurso de casación e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza desta sala. Dese traslado deste ás demais partes para impugnación no prazo común de dez días, facéndolles saber que os autos se atopan á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o consideran necesario.

Advírteselle á parte recorrida que o escrito de impugnación deberá estar subscrito por letrado, que desde ese momento asumirá a representación, salvo indicación en contra, que deberá presentar copias para as partes e designar domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo.

Elévense os autos ao Tribunal Supremo, unha vez transcorrido o prazo de impugnación e, se é o caso, de alegacións a aquela.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún».

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Carmen Iglesias Fungueiro.

Na Coruña, cinco de marzo de dous mil vinte e un.

Os anteriores escritos de impugnación presentados polos letrados Francisco José Castiñeira Martínez en representación de Arriva Galicia, S.L. e María Catálfamo en representación de Manuel Martín Noceda Fernández e do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (ao que acompaña copias para traslado ás partes), únanse aos autos da súa razón, e as copias ás demais partes a quen se lles fará saber que, se é o caso, poderán presentar alegacións dentro dos cinco días seguintes, de conformidade co disposto no artigo 211.3 da LRXS. Sen prexuízo das notificacións acordadas por dilixencia de ordenación do día da data. Unha vez efectuado, elévense as actuacións ao Tribunal Supremo».

E para que sirva de notificación en legal forma Miguel Ángel Reboiras Casais e Juan Roldán Fernández Leblond, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza