Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17281

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello Reitor de nomeamento do posto de director da Área de Sociedade Dixital, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 8 de xaneiro de 2021).

Convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mediante a Resolución do 28 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 8 de xaneiro de 2021), de conformidade co establecido na base oitava da referida resolución e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade do Acordo do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 8 de xaneiro de 2021).

Segundo. A persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

Cuarto. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Quelle, Miguel.

Denominación do posto: director/a da Área de Sociedade Dixital.

Código: PX.A11.00.006.15770.001.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: funcionario (subgrupo A1)/alta dirección.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro/Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.