Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16722

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (731/2020).

Eu, Francisco Javier Crespo Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Xogos de Galicia Apostas e Recreativos, S.L. fronte a Blasana2019, S.L., ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que, estimando integramente a demanda promovida pola procuradora María Luisa González Mascareñas, que actúa en nome e representación da mercantil Xogos Galicia, Apostas e Recreativos, S.L., contra a mercantil Blasana2019, S.L., en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro resolto o contrato de instalación e explotación de máquinas recreativas que as partes deste procedemento concertaron o 2 de outubro de 2019 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante o importe de 3.000 €. A dita cantidade devindicará o xuro legal do diñeiro desde a interpelación xudicial ata a data desta resolución e, desde este momento ata o seu pagamento ou consignación, os xuros de mora procesual do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución non cabe ningún recurso (artigo 455 da LAC), polo que se declara firme.

Así o acorda, manda e asina María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense».

Ao encontrarse a dita demandada, Blasana2019, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 11 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza