Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16721

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (548/2017).

Eu, Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo ordinario 548/2017 seguido por instancia de Mapfre España, S.A. fronte a María de Souza Braz e outra, se ditou sentenza de data 5.9.2019.

E atopándose en paradoiro descoñecido María de Souza Braz, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro de acto.

Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da notificación do presente edicto.

A Coruña, 19 de febreiro de 2021

A secretaria xudicial