Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16720

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento no recurso contencioso-administrativo (4031/2021).

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo número 4031/2021 por A. S. L. fronte á Consellería de Cultura e Turismo contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto contra outra Resolución do 17 de xaneiro de 2020 pola que se inclúe no Catálogo de patrimonio cultural de Galicia o conxunto formado pola fonte, mina, lavadoiro e traída con canle de Canasteves, en Ponteceso.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación da data de hoxe e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade con dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 4 de marzo de 2021

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza