Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16723

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (PO 882/2019).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 160/2021.

Ourense, 25 de febreiro de 2021.

Luís Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos de xuízo ordinario sobre privación de patria potestade, promovidos por July Andrea Galeano Jiménez, representada pola procuradora Ana Crespo Damota e asistida polo letrado Eduardo Sánchez González, contra Jorge Alfredo Henao Herrera, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Que, rexeitando a demanda interposta pola procuradora Ana Crespo Damota, en nome e representación de July Andrea Galeano Jiménez, fronte a Jorge Alfredo Henao Herrera, absolvo o demandado da pretensión deducida na súa contra.

Decláranse de oficio as custas procesuais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra ela procede recurso de apelación que deberá interporse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jorge Alfredo Henao Herrera, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 3 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza