Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 626/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 626/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos de Jesús Calvo contra a empresa Forescultura, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando integramente a demanda interposta por Marcos de Jesús Calvo contra Forescultura, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Forescultura, S.L. a lle aboar ao demandante a suma de 3.141,53 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Forescultura, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando unha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no caso da comunicación das resolucións que deben adoptar a forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza