Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16232

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 631/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 631/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fernando Michael Cuero Giraldo contra a empresa Chengrong Lin, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

Parte dispositiva.

Que estimando integramente a demanda interposta por Fernando Michael Cuero Giraldo contra Chengrong Lin, debo condenar e condeno a Chengrong Lin a abonarlle ao demandante a suma de 2.606,52 euros brutos –polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Chengrong Lin, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza