Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 11/2021).

Eu, Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 11/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Grande Fernández contra Marcos Susacas Lorenzo, sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia do 2.3.2021, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcos Susacas Lorenzo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 2 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza