Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ENX 68/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 68/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alicia Martínez Otero contra a empresa Uneko Innovación, S.L., sobre ordinario, ditouse no día da data decreto de insolvencia impugnable en revisión no prazo de tres días e que se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Uneko Innovación, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza