Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15814

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (F02 1174/2019).

F02 familia, garda e custodia de alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 1174/2019

Procedemento orixe: /

Sobre medidas provisionais

Demandante: Faith Otoghagua

Procuradora: Lourdes Lorenzo Ribagorda

Avogada: Irene Rodríguez Pérez

Demandado: Kofi Yahboa

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto do tribunal que resolve a solicitude de aclaración dunha resolución xudicial.

Maxistrado xuíz: Luis Doval Pérez.

Ourense, 17 de febreiro de 2021.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por este xulgado ditouse sentenza con data do 24 de novembro de 2020 nos autos de garda e custodia número 1174/2019.

Segundo. Notificada a citada resolución, a procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda, actuando na representación que lle vén conferida, presentou escrito en que solicita a aclaración da referida resolución.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Establece o artigo 214.1 da Lei de axuizamento civil (LAC) que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan. Así mesmo, no seu punto 2, o dito artigo continúa a dicir que as aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo.

Os erros materiais poden aclararse en calquera momento (parágrafo 3º).

Segundo. Efectivamente, a sentenza incorre nun nimio erro, que procede aclarar nos termos indicados.

Parte dispositiva:

Acordo: aclarar o erro material da sentenza con data do 24 de novembro de 2020 nos autos de garda e custodia número 1174/19, nos seguintes aspectos:

Na parte dispositiva onde pon: «atribúese a garda e custodia da filla menor», e «o pai aboará en concepto de alimentos a favor da filla menor»; debe poñer: «atribúese a garda e custodia do fillo menor», e «o pai aboará en concepto de alimentos a favor do fillo menor».

Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución non cabe a interposición de recurso ningún.

Mándao e asínao S.Sª. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Kofi Yahboa, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 26 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza