Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15813

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de interposición de recurso contencioso-administrativo (4006/2021).

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo 4006/2021 por I.L.R., contra a Orde do 5 de febreiro de 2020 da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ares.

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación de data de hoxe e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 22 de febreiro de 2021

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza