Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 429/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 429/2020, seguido por instancia de Andrés Novo Garea contra Hércules de Armamento, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de salarios, se ditou Sentencia número 77/2021, con data do 19 de febreiro, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza