Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 774/2020, seguido por instancia de Miguel Ángel Ares Tizón contra Servicios de Hostelería Camamuxo, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de salarios, se ditouse Sentencia número 78/2021, con data do 19 de febreiro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Hostelería Camamuxo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 23 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza