Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 128/2020, seguido por instancia de Manuel Garrido Veiga contra Eironor Galicia, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo con data 19.10.2020, contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.
E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Eironor Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 24 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza