Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15460

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 325/2018).

DCT divorcio contencioso 325/2018

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Rosa María Fernández Costa

Procuradora: María Lucía Costoya Otero

Avogada: María Isabel Fernández Barros

Demandado: Sakhr Azouani

Eu, Julio Manuel González Muñoz, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, anuncio que no presente procedemento de divorcio contencioso nº 325/2018, seguido por instancia de Rosa María Fernández Costa fronte a Sakhr Azouani foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Caldas de Reis,19 de febreiro de 2021.

Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis e o seu partido, os presentes autos de xuízo de divorcio contencioso 325/2018, nos cales é demandante Rosa María Fernández Costa, representada pola procuradora María Lucía Costoya Otero e baixo a dirección letrada de Mª Isabel Fernández Barros, contra Sakhr Azouani (en situación de rebeldía procesual) e, en virtude das facultades que me confire a Constitución, dito a seguinte sentenza:

Decido:

Estimando a demanda de divorcio interposta por Rosa María Fernández Costa contra Sakhr Azouani (en situación de rebeldía procesual), declarar a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos, celebrado civilmente en Caldas de Reis o día 25 de abril de 2017 e inscrito no Rexistro Civil de Caldas de Reis no tomo 36, páxina 307 da sección 2ª, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración, co cal fican revogados todos os consentimentos e poderes outorgados entre ambos, e acordar, como medidas definitivas que deben rexer as relacións entre eles, as seguintes:

1. O uso do domicilio conxugal sito na rúa Gayoso, nº 49, de Caldas de Reis atribúese a Rosa María Fernández Costa.

2. Non procede o establecemento dunha pensión compensatoria a favor de ningún dos cónxuxes.

De conformidade co previsto no artigo 95 do Código civil, a sentenza, unha vez firme, producirá, respecto dos bens do matrimonio, a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se fai pronunciamento sobre as custas causadas.

Unha vez firme esta resolución comuníquese, con testemuño desta, ao Rexistro Civil de Caldas de Reis para os efectos legais oportunos.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá por escrito ante este xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación. A admisión do devandito recurso exixirá, agás para o Ministerio Fiscal, que no momento de interpolo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o que deberá ser acreditado de forma que faga fe, requisito sen o cal non se admitirá o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E encontrándose o devandito demandado Sakhr Azouani en paradoiro descoñecido, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Caldas de Reis, 25 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza