Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (456/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 456/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joao Ricardo Nunes Martins contra Carpim Instalaciones Modulares, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Joao Ricardo Nunes Martins contra a entidade Carpim Instalaciones Modulares, S.C. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Carpim Instalaciones Modulares, S.C. a que lle aboe a Joao Ricardo Nunes Martins a cantidade de 6.022,41 € polos salarios das mensualidades de abril a xullo de 2019 (ambas incluídas), con inclusión de pagas extras, así como a compensación polas vacacións non desfrutadas e, ademais, 1.486,61 € como indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Carpim Instalaciones Modulares, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza