Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14873

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1844/2019).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 9 de febreiro de 2021

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre divorcio contencioso, promovidos por María Teresa Puga Benítez, representada pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e asistida polo letrado José Manuel López Lorenzo, contra José Adolfo Labra Mendoza, en situación de rebeldía procesual; foi parte o Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda interposta pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre María Teresa Puga Benítez e José Adolfo Labra Mendoza, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Acordo as seguintes medidas derivadas do divorcio:

1. Atribúese á nai María Teresa Puga Benítez a garda e custodia da filla menor R. d. C. L. P., sendo a patria potestade conxunta, sen establecer réxime de visitas a favor do pai non custodio.

Non se establece réxime de visitas a favor do pai, sen prexuízo de que, en caso de que este regrese a España, poida ver e relacionarse coa menor en atención aos acordos a que cheguen ambos os dous e da posibilidade de que a menor pase as vacacións de verán (de xullo a setembro) en compañía do seu pai en Miami, Estados Unidos. Autorizo expresamente que a menor poida saír ao estranxeiro e a expedición ou renovación de pasaporte para tal efecto.

2. Fíxase unha pensión de 100 € mensuais a cargo do pai, que se ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe para o efecto a nai, actualizable cada 1 de xaneiro conforme o IPC ou índice que o substitúa.

En canto aos gastos extraordinarios, distribuiranse en 50 %, entendendo e diferenciando entre os necesarios (aqueles gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, e os derivados da educación dos fillos, como clases de apoio) e os non necesarios, para os cales deberá existir consenso para a súa realización e aboamento e, en caso de non existir, serán asumidos polo proxenitor que decidise levalos a cabo.

Unha vez firme, inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil, á marxe da inscrición de matrimonio cuxa copia consta unida ás actuacións. Líbrese para tal efecto o oportuno mandamento.

Non se efectúa expresa imposición en custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Adolfo Labra Mendoza, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 9 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza