Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14872

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Noia

EDICTO (XVB 56/2020).

Eu, Cristina Mouriño Guerreiro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto se lle notifica a Manuel Blanco Santos e a «posibles e ignorados herdeiros de Manuel Blanco Santos aos cales poida afectar este procedemento e cuxa identidade e domicilio se descoñecen», nos termos e baixo os apercibimentos contidos na sentenza ditada no procedemento arriba indicado con data do 2 de febreiro de 2021, e que se lles fai saber aos demandados que as copias da dita resolución están á súa disposición na Secretaría deste órgano xudicial.

Noia, 8 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza