Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14870

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2021 para a cobertura da praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS) que quedou deserta en Lugo na convocatoria resolta pola Resolución do 15 de febreiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro).

Tras ser convocada mediante a Resolución do 17 de novembro de 2020 (DOG nº 240, do 27 de novembro) a cobertura, mediante vinculación temporal, de tres prazas da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade, ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro).

Como consecuencia da Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, pola que se resolve a convocatoria pública, para vinculación temporal, de tres prazas da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade, ADOS) (DOG nº 34, do 19 de febreiro), quedou deserta a cobertura da praza ofertada en Lugo.

RESOLVE:

Primeiro. De conformidade coa base sétima da convocatoria, declárase como aspirante adxudicataria para o nomeamento da praza ofertada en Lugo a Luz Estela Sarmiento Castro, tras a renuncia de dous candidatos con maior puntuación.

A asignación da praza terá lugar o martes 16 de marzo de 2021, ás 10.00 horas, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Segundo. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos