Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14867

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos.

Ao estaren vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución, e ao ser necesaria a súa provisión,

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 30 de abril de 2020, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 91.4 dos estatutos da USC e no artigo 25 do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), resolve convocar a provisión dos ditos postos, mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderá participar o persoal laboral fixo da USC, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase unicamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e deberanse xustificar documentalmente os méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: director/a da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

Número de praza: PL001343.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de tecnoloxías da información e das comunicacións.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: responsable de Seguridade da Información.

Número de praza: PL001393.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de tecnoloxías da información e das comunicacións.

Complemento: 1.1.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Universidade de Santiago de Compostela

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE LIBRE DESIGNACIÓN,
CONVOCADO MEDIANTE A RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO 1 DE MARZO DE 2021

DATOS PERSOAIS

DNI

APELIDOS

NOME

DESTINO ACTUAL

CATEGORÍA Á QUE PERTENCE

GRUPO

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

Denominación do posto

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a á convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria e que se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e do Regulamento UE 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola USC no tratamento denominado «Persoal», cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e seguridade social e xestión de persoal. O órgano responsable do dito tratamento é a Xerencia, ante a cal se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, na Casa da Balconada; Rúa Nova, nº 6; 15782 Santiago de Compostela, correo electrónico: xerente@usc.es; teléfono 881 81 10 10. O delegado de Protección de Datos é José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es. A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica de universidades e Lei autonómica 6/2013, do sistema universitario de Galicia). Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigacións legais. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través de sede electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén se poden dirixir á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna. Os datos serán conservados durante o período en que se realice a finalidade para a cal foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Unha vez cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Autorizo o tratamento dos datos proporcionados de acordo coa lexislación vixente.

……………………………………., ……….. de…………… de 2021

(Sinatura)

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela