Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14865

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 4 de marzo de 2021, o tribunal nomeado por Resolución do 24 de setembro de 2020 (DOG nº 196, do 28 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado por Orde do 20.2.2019, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 28 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará, segundo a seguinte distribución:

Primeira quenda: ás 9.00 horas, de Gago Afonso, Catalina a Rúa Montero, José Alberto.

Segunda quenda: ás 16.30 horas, de Rúas Barrosa, Marieta a Fustes Restrebada, Rebeca.

O exercicio realizarase nos seguinte lugares:

– Pavillón nº 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, para os aspirantes con domicilio nas provincias da Coruña e Pontevedra, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillóns 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para os aspirantes con domicilio na provincia de Lugo, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillón 1 do recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para os aspirantes con domicilio na provincia de Ourense e doutras comunidades autónomas, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir, en todo momento, as normas anti COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función pública.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021

Regina Martín de Vidales Delgado
Presidenta do tribunal