Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14863

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado por Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 8 de marzo de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 13703, no primeiro parágrafo, onde di:

«En sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 188, do 16 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 27 de marzo de 2021, ás 9.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Pontevedra e A Coruña: de Quijada Veiga, Ángel a Míguez Rodríguez, Mercedes), nos pavillóns 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Lugo e A Coruña: de Millan Casteleiro, Mª del Carmen a Puñal Martínez, Miriam) e no pavillón 1 do recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Ourense)».

Debe dicir:

«En sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 188, do 16 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 27 de marzo de 2021, ás 9.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Pontevedra e A Coruña: de Quijada Veiga, Ángel a Míguez Rodríguez, Mercedes), nos pavillóns 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Lugo e A Coruña: de Millan Casteleiro, Mª del Carmen a Puñal Martínez, Miriam) e no pavillón 1 do recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Ourense e noutras comunidades autónomas)».