Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14026

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2384/2020-CG).

Secretaría: Sra. Freire Corzo-CG

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2384/2020

Xulgado de orixe/autos: SS. Seguridade Social 820/2018. Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrentes: Izar Construcciones Navales, S.A.E.L., Navantia, S.A.

Avogados: Abel López Carballeda, Beatriz Regos Concha

Procuradora: María Susana Díaz Gallego

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Asepeyo, Herundina Vázquez Abella, Doris Pérez Vázquez, José Carlos Pérez Vázquez, Montajes Galicia, S.A.

Avogados: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Javier Balo Cout, Víctor Manuel López Casal

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 2384/2020, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A.E.L. e Navantia, S.A. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo, Herundina Vázquez Abella, Doris Pérez Vázquez, José Carlos Pérez Vázquez e Montajes Galicia, S.A., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución no día da data que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos que, estimando os recursos de suplicación interpostos pola entidade mercantil Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación e pola entidade Mercantil Navantia, S.A., contra a Sentenza do 16 de xaneiro de 2020, do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia de Manuel Constantino Pérez contra as recorrentes e contra a entidade mercantil Montajes Galicia, S.A., a Mutua Colaboradora da Seguridade Social Asepeyo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala a revoga e, con desestimación da totalidade dos pedimentos da demanda reitora de actuacións, se absolven deles todos os demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Galicia, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza