Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14028

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1971/2020-IG).

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1971/2020, seguido por instancia de José Luis González Rodríguez contra Fogasa, La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Graniblok, S.A., David Fernández Grande, S.L., Armadilla, S.L., Marcelino Martínez Galicia, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, Mapfre España, S.A., Juana de Santiago Guerreiro, Granitos Vilafría Couto, S.A., Axa Seguros Generales, S.A., Granitos Martínez, S.A., Hispano Suiza de Perfilados, S.A., José Ramón Pereira Oliveira, José López Gutiérrez e Antonio Rodríguez Rodríguez, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto por José Luis González Rodríguez fronte á Sentenza do 29 de agosto de 2019, do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada nos autos nº 240/2016, que confirmamos. Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Granitos Vilafría Couto, S.A., Hispano Suiza de Perfilados, S.A., José López Gutiérrez e José Ramón Pereira Oliveira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza