Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13906

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2604/20 CG).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 2604 /2020

Xulgado de orixe/autos:SSS Seguridade Social 592/2018 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Camilo Bernardo Abeledo Márquez

Avogado: Juan José Pugna Monteiro

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Kiwi Atlantico, S.A. e José Carrillo González

Avogado: letrado da Seguridade Social e letrado da Tesouraría da Seguridade Social.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2604/2020 seguido por instancia de Camilo Bernardo Abeledo Márquez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Kiwi Atlántico, S.A. e José Carrillo González sobre xubilación, foi ditada no día da data a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

Fallamos: que desestimando o recurso de suplicación interposto por Camilo Bernardo Abeledo Márquez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número dous de Pontevedra do 20 de marzo de 2020, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a José Carrillo González, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza