Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13908

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2206/2020-MJC).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 2206/2020-MJC

Xulgado de orixe/autos: PO procedemento ordinario 901/2018 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Juan Ignacio Rodríguez Cuervo

Avogado: Secundino Fernández Guisande

Recorridos: Fogasa, Ramiro Martínez, S.L., Dicarvi, S.A., Grupo Montiño Noroeste, S.L., A Landra do Carballo, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa, Alberto Gallego Rivera

Procuradora: Paula Llorden Fernández-Cervera

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2206/2020-MJC desta sala, seguido por instancia de Juan Ignacio Rodríguez Cuervo contra o Fogasa, Ramiro Martínez, S.L., Dicarvi, S.A., Grupo Montiño Noroeste, S.L., A Landra do Carballo, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi pronunciada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da parte demandante, Juan Ignacio Rodríguez Cuervo, contra a sentenza do cinco de decembro de dous mil dezanove, pronunciada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo nos autos nº 901/2018, seguidos por instancia do demandante contra as empresas demandadas Dicarvi, S.A., Grupo Montiño Noroeste, S.L., e Ramiro Martínez, S.L., empresa A Landra do Carballo, S.L.U. e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa A Landra do Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza