Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13679

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2021 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional e da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante SUG) que se detallan nos anexos desta resolución.

O Plan formativo en materia de igualdade e violencia de xénero para o ano 2021 continúa cunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.

O plan de formación vén ademais a reforzar a oferta formativa nestes contidos, a través dun incremento no número de actividades específicas e prazas de formación. Estas actuacións teñen o propósito de que o maior número de persoas ao servizo das administracións públicas poida acceder a unha formación específica sobre estes contidos, e contribuír así, a través da capacitación do persoal, a integrar a igualdade de oportunidades de forma transversal nas actuacións das administracións públicas de Galicia.

Estas actividades formativas en materia de violencia de xénero están a ser financiadas nun 67 % con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade).

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PAS das tres universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros locais; e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe “persoal destinatario” da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

3. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza, a presentación da solicitude para participar nestas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.

Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso así como o persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña a dita coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de telepresenza deberán dispor dos seguintes compoñentes:

– Un ordenador de sobremesa ou portátil ou un smartphone.

– Conexión estable á internet.

– Un navegador web Google Chrome ou Mozilla Firefox.

– Altofalantes (se o monitor ou equipo non dispón deles).

10. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como por exemplo discapacidade) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

11. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 h) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

A totalidade das prazas das actividades formativas desta convocatoria cuxo código comece por «FC» repartiranse nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 % para o persoal das entidades locais; outro 10 % para a Administración de xustiza de Galicia; e o 10 % restante para o persoal de administración e servizos das universidades do SUG.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas, pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación e de telepresenza:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

4. A asistencia e a puntualidade:

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas, excepto que concorra algunha das causas recollidas no número 2.a) da base sétima.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada perderán o dereito ao certificado de superación da proba.

Oitava. Superación da actividade formativa

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas e superadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas que se realizarán en liña, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe no cal declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade/localidade

Data

inicio

Data

fin

Data e hora do exame

FC21007

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

19.4.2021

18.5.2021

21.5.2021 16.30 h

22.4.2021

21.5.2021

26.5.2021 18.00 h

25.5.2021

23.6.2021

28.6.2021 17.00 h

21.9.2021

21.10.2021

26.10.2021 16.30 h

28.10.2021

29.11.2021

2.12.2021 16.30 h

FC21008

Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e centros de axuda a domicilio

24

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Presencial

Santiago de Compostela

3, 4 e 5 de maio

das 9.30 ás 14.30 h

5.5.2021 13.30 h

FC21009

Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional

24

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Presencial

Santiago de Compostela

20, 21 e 22 de abril

das 9.30 ás 14.30 h

22.4.2021 12.30 h

FC21010

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

15.4.2021

5.5.2021

10.5.2021 18.00 h

7.6.2021

10.6.2021 16.30 h

16.9.2021

7.10.2021

13.10.2021 16.30 h

FC21011

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

10.5.2021 17.00 h

26.4.2021

18.5.2021

24.5.2021 16.30 h

19.5.2021

7.6.2021

10.6.2021 17.30 h

13.9.2021

4.10.2021

7.10.2021 16.30 h

9.11.2021

29.11.2021

2.12.2021 18.30 h

FC21012

Integración da perspectiva de xénero na xestión pública

26.5.2021 19.00 h

24.5.2021

23.6.2021

28.6.2021 19.00 h

FC21013

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

21.5.2021 17.00 h

26.5.2021

31.5.2021 16.30 h

14.10.2021

19.10.2021 16.30 h

FC21014

Muller, medios de comunicación e TIC

28.6.2021 18.00 h

2.12.2021 17.30 h

FC21015

O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos

50

25

29.4.2021

24.5.2021

27.5.2021 16.30 h

31.5.2021

3.6.2021 16.30 h

25.10.2021

18.11.2021

24.11.2021 16.30 h

FC21016

Ser a líder: o liderado e autoliderado feminino

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Telepresenza

18, 19 e 20 de maio

das 16.30 ás 20.30 h

20.5.2021 19.30 h

FC21017

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

21.4.2021

11.5.2021

18.5.2021 16.30 h

28.4.2021

18.5.2021

24.5.2021 19.00 h

15.9.2021

6.10.2021

13.10.2021 17.30 h

28.10.2021 16.30 h

29.10.2021

18.11.2021

24.11.2021 17.30 h

FC21018

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

18.5.2021

7.6.2021

10.6.2021 18.30 h

FC21019

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

18.5.2021 17.00 h

18.5.2021 18.00 h

24.5.2021 17.30 h

24.5.2021 18.30 h

27.5.2021

17.6.2021

23.6.2021 16.30 h

23.6.2021 17.30 h

2.10.2021

6.10.2021 16.30 h

6.10.2021 17.30 h

1.10.2021

21.10.2021

26.10.2021 17.30 h

26.10.2021 18.30 h

FX21001

Violencia familiar. Violencia sobre a muller e os menores. Valoración do abuso e a agresión sexual

30

12

Aproveitamento

Empregados públicos e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

21 de outubro

das 9.00 ás 20.00 h

e 22 de outubro

das 9.00 ás 14.00 h

22.10.2021 13.00 h