Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13698

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2020.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2020, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data da sinatura

Importe

Convenio entre o INE, o IGE e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a realización das estatísticas do movemento natural da poboación e defuncións segundo a causa da morte

5.10.2020

0 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas de estudantes do máster universitario en Técnicas Estatísticas

27.10.2020

0 €

Convenio de colaboración entre a Amtega e o IGE para optimizar as operacións estatísticas no ámbito da sociedade da información: fogares e empresas

23.11.2020

0€