Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12615

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (70/2021).

F02 Familia, garda, custodia, alimentos fillo menor non matri. non C. 664/2019

Procedemento de orixe: /

Sobre alimentos provisorios

Demandante: Lilia Acuña Jaramillo

Procuradora: Inés Fernández Ramos

Avogado: Alejandro Antonio Vázquez Gómez

Demandado: Javier Bolíbar Grisales

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 70/2021.

Ourense, 25 de xaneiro de 2021.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial, promovidos por Lilia Acuña Jaramillo, representada pola procuradora Inés Fernández Ramos e asistida polo letrado Alejandro Vázquez Gómez, contra Javier Bolíbar Grisales, en situación de rebeldía procesual, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido:

Que, estimando a demanda formulada pola procuradora Inés Fernández Ramos, en nome e representación de Lilia Acuña Jaramillo, contra Javier Bolíbar Grisales, acordo as seguintes medidas definitivas relativas á menor M. C. B. A:

1. Garda e custodia. Atribúese a garda e custodia da filla menor á súa nai Lilia Acuña Jaramillo, á cal se atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, polo que poderá decidir en exclusiva sobre as decisións relativas á escolarización da menor, trámites ou autorizacións administrativas, sen prexuízo da titularidade conxunta da patria potestade.

2. Réxime de visitas. En canto ao réxime de visitas e estadías a favor do pai non custodio:

– Fins de semana alternos, desde o venres á saída do centro escolar ata o domingo ás 20.00, en que o pai deberá reintegrar a menor ao domicilio do proxenitor custodio.

– Un día facultativo, entre semana, sen pernoita que, na falta de acordo, serán os mércores, desde a saída do centro escolar ata as 20.00, en que o proxenitor que a teña consigo deberá reintegrala ao domicilio do outro proxenitor.

Durante as vacacións escolares as estadías da menor con cada proxenitor repartiranse do seguinte modo:

Vacacións de Nadal. A metade das vacacións do Nadal dividiranse en dous períodos:

1º. Desde a saída do colexio o día de finalización das clases escolares ata o 31 de decembro ás 11.00.

2º. Desde o día 31 de decembro ás 11.00 ata a entrada na clase do día de inicio do colexio.

Se non hai acordo entre os proxenitores, corresponderá ao pai o primeiro período dos anos pares e o segundo dos impares.

Vacacións de Semana Santa. A metade das vacacións de Pascua, que se dividirán en dous períodos:

1º. Desde a saída do colexio o día de finalización das clases ata o mércores ás 11.00.

2º. Desde o mércores ás 11.00 ata a entrada na clase do día de inicio do colexio.

Corresponderá ao pai, se non media outro acordo, o primeiro período dos anos pares e o segundo período dos anos impares.

Vacacións de verán. A metade das vacacións de verán, os proxenitores alternarán os seguintes períodos:

1º. Desde o último día lectivo ata o 30 de xuño.

2º. Do 1 ao 15 de xullo continuarase co réxime estipulado para o resto do ano.

3º. Do 16 ao 31 de xullo continuarase co réxime estipulado para o resto do ano.

4º. Do 1 ao 15 de agosto.

5º. Do 16 ao 31 de agosto.

6º. Do 1 de setembro ata o primeiro día lectivo.

Corresponderá ao pai, se non media outro acordo, iniciar co primeiro período as vacacións coa súa filla nos anos pares e viceversa para a nai.

Ambos os proxenitores comprométense a comunicar ao outro durante os períodos de vacacións o lugar onde se encontren coa filla, enderezo e teléfono, e o proxenitor que non estea con ela pode comunicarse coa menor por teléfono ou internet, sempre que o considere oportuno e non afecte os horarios de descanso da nena.

Así mesmo, poderá desfrutar da compañía dos seus proxenitores nos días de especial transcendencia:

a) Día do pai e da nai, se eses días non lles corresponden en canto a custodia, a menor pasaraos en compañía do proxenitor cuxa festa celebra desde a saída do colexio ata as 20.00. E, se non é lectivo, estará na súa compañía desde as 10.00 ata as 20.00 e debe ser recollida e reintegrada na casa do proxenitor que ten a súa custodia nese período. b) Aniversario dos fillos. Pasarao co proxenitor custodio ata as 16.00 e a esa hora recolleraa o outro proxenitor para que poida desfrutar da súa compañía ata as 20.30, en que deberá ser reintegrada ao proxenitor non custodio. Se é lectivo, pasarao de forma alternativa con cada proxenitor e poderá visitar o outro proxenitor durante dúas horas, na falta de acordo, das 18.00 ás 20.00.

3. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor da filla menor a suma de 250 € mensuais. O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC ao termo de cada anualidade e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios debidamente acreditados.

Non se efectúa expresa condena en custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e que contra esta cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así o ordeno, o mando e o asino».

E, como consecuencia, do ignorado paradoiro de Javier Bolíbar Grisales, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza